INFORMACIÓN SOBRE OS TIPOS DE SOCIOS
- Socio Normal: serán aqueles que desexen inscribir a un fillo/a no Club.
- Socio Amigo: serán aqueles que teñan interese no desenvolvemento dos fins do CNF e queiran seguir ligados a este, mais non sexan ou non teñan nadadores/as familiares no Club.
- Socio Máster: serán aqueles nadadores/as maiores de idade que non queiran participar en competicións.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN COMO SOCIO NUMERARIO
O solicitante:
- Solicita a súa admisión como socio numerario do Club Natación Ferrol para o cal achega a súa fotocopia de DNI (engadir os arquivos na sección correspondente do formulario).
- Autoriza ao cobro do recibo mensual ao Club Natación Ferrol alegando ser o titular da conta anteriormente exposta.
- Coñece e acepta os Estatutos e Regulamentos do CNF
SOLICITUDE DE LICENZA TERRITORIAL
O deportista e, cando proceda, o seu representante legal:
- Solicita a tramitación da súa licenza territorial no Club Natación Ferrol (00674), pertencente á Federación Galega de Natación, para a tempada 2010/11.
- Autoriza ao Club Natación Ferrol á cesión dos datos persoais do deportista á Federación Galega de Natación para a tramitación da licenza para a tempada 2010/11 e a tramitación do correspondente seguro deportivo. Estes datos cedidos será incorporados a un ficheiro inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, cuxa titularidade correspondente á Federación Galega de Natación.
- Acepta e consente que durante a realización dos eventos, cursos, campionatos, concursos e demais actividades organizadas por esta, poidan realizarse sesións fotográficas para a súa posterior inclusión nas memorias anuais, na páxina web da Federación (www.fegan.org) e demais documentación que teña como fin principal o fomento e difusión da natación.
TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
- Os datos facilitados na "ficha de inscripción" serán recollidos co seu consentemento, informado nos termos do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de conformidade cos principios dispostos nela e serán incorporados a un ficheiro inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, cuxa titularidade corresponde ao Club Natación Ferrol. A finalidade deste ficheiro será a de ter unha constancia tanto dos asociados do Club como dos seus deportistas, a xestión da licenza federativa deste últimos, tanto territorial como nacional, para a súa participación nos cursos e campionatos aos que concorra, así como para o envío das notificacións e publicacións do Club.
- Os datos dos socios/as serán tratados unicamente polo persoal autorizado do Club, para o envío das cotas mensuais, envío das notificacións e publicacións do Club.
- Os datos dos deportistas serán tratados polo persoal autorizado do Club e serán cedidos á Federación Galega de Natación que os remitirá á empresa de asistencia sanitaria, para a xestión do seguro médico obrigatorio dos seus federados e o tratamento das posibles lesións ou accidentes acaecidos durante o desempeño da actividade. Así mesmo, cando o deportista participe en competicións de ámbito territorial ou nacional, os seus datos serán cedidos á Federación Galega de Natación e á Real Federación Española de Natación, respectivamente, así como aos distintos comités para o estudo, tramitación ou resolución dos distintos expedientes iniciados no seo das federacións derivados da práctica da natación.
- O deportista acepta e consente que durante a realización dos eventos, cursos, campionatos, concursos e demais actividades nas que participe o Club, poidan realizarse sesións fotográficas para a súa posterior inclusión nas memorias anuais, na páxina web do Club (www.natacionferrol.com), publicidade do Club e demais documentación que teña como fin principal o fomento e difusión da natación.
- No caso de que o deportista sexa menor de idade, será o representante legal coa súa sinatura quen dea validez á aceptación e consentemento do anteriormente exposto e así mesmo, autoriza ao seu representado a realizar os desprazamentos oportunos para participar nos eventos, cursos, campionatos, concursos e demais actividades nas que participe oficialmente o Club.
- As autorizacións emanadas deste documento veranse prorrogadas até que se manifieste o contrario por escrito dirixido ao Club Natación Ferrol na seguinte dirección: R/ Emilia Pardo Bazán nº46, baixo 15406 Ferrol, acompañados da copia do DNI ou pasaporte; ou enviando un correo a secretaria@natacionferrol.com, anexando unha copia do DNI ou asinando o coreo cun certificado dixital; ou se curse a baixa no Club.
- Os deportistas e socios/as, se o desexan, poden acceder, rectificar, cancelar e oporse ao tratamento dos seus datos, dirixíndose ao Club Natación Ferrol na seguinte dirección: R/ Emilia Pardo Bazán nº46, baixo 15406 Ferrol, acompañados da copia do DNI ou pasaporte; ou enviando un correo a secretaria@natacionferrol.com, anexando unha copia do DNI ou asinando o coreo cun certificado dixital
